Galicia ten 6891 casos activos de coronavius, só un 0,51% máis co día anterior. O numero total de contaxios dende o inicio chega a 9.238, o menor incremento dende o inicio da pandemia: 0,65%

Os datos en Galicia parecen indicar que o confinamento comeza a dar os seus froitos

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.891, deles 1.659 son da área da Coruña, 662 da de Lugo, 1.315 da de Ourense, 569 da de Pontevedra, 1.219 da área de Vigo, 1.067 da de Santiago, e 400 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 83 permanecen en UCI, 507 están en unidades de hospitalización e 6.301 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.816 altas de pacientes e 531 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 87.824.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,5% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte produciuse un falecemento en centro residencial. Este tivo lugar na residencia DomusVi Barreiro (Vigo).

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas asa dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven a reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara internado cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.
 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Mascarillas de balde para os cativos de Pantón

Seguinte Nova

Sober compra equipamentos pensando na desescalada

Últimas noticias sobre SALUD

     
A %d blogueros les gusta esto: