Mascarillas de balde para os cativos de Pantón

As mascarillas infantís poden recollerse na Casa da Cultura o martes 28 e o mércores 29 de abril

Pantón ofrece mascarillas infantís para protexer aos máis cativos durante a súa saída diaria. (Foto: Pixabay)

Pantón sumouse ao reparto de mascarillas de talla infantil, para facilitar a saída dos cativos á rúa, unha vez que se aliviou o seu confinamento pola medida do Goberno central.

REPARTO DE 11 A 13 HORAS, MANTENDO A DISTANCIA SOCIAL

Para dispoñer deste material, as familias poden pasar a recoller as mascarillas o martes 28 e o mércores 29 de abril, en horario de 11 a 13 horas. O punto de distribución está nos baixos da Casa da Cultura.

O Concello de Pantón ofrece este material de protección en dúas tallas, unha adaptada a nenos e nenas de 3 a 7 anos, e outra para os cativos de 8 a 13 anos.

Dende o Consistorio, lembraron a importancia de non baixar a garda nos hábitos de hixiene de mans, e insistiron na obriga de manter a distancia social durante o reparto de mascarillas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A residencia de maiores de Sober, libre de coronavirus

Seguinte Nova

Galicia ten 6891 casos activos de coronavius, só un 0,51% máis co día anterior. O numero total de contaxios dende o inicio chega a 9.238, o menor incremento dende o inicio da pandemia: 0,65%

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss