O Concello de Monforte reparte 70.000 mascarillas entre as persoas empadroadas

Xa hai encargada outra partida municipal de 100.000 unidades para adultos, e 15.000 mascarillas infantís

Un equipo de empregados municipais asumiu o reparto das mascarillas a domicilio, na xornada do 27 de abril. GPCM

Na xornada do 27 de abril, empregados municipais de Monforte iniciaron o reparto a domicilio das 70.000 mascarillas adquiridas polo Consistorio, que se destinan á protección da veciñanza fronte ao coronavirus. O reparto organizouse por zonas estratéxicas, agrupando as entregas segundo a proximidade, e trala comprobación previa do censo municipal, xa que estas unidades van destinadas só aos empadroados na cidade do Cabe.

Segundo informaron dende o Concello de Monforte, cada beneficiario recibe 3 mascarillas, entregadas por empregados municipais debidamente equipados con todas as medidas de illamento, para evitar contaxios.

PRÓXIMA RECEPCIÓN DOUTRAS 100.000 MASCARILLAS DE ADULTO, E 15.000 PARA NENOS

O alcalde, José Tomé, salientou que esta acción “é un esforzo importante” que o Concello realiza “para facilitar aos monfortinos, na medida das nosas posibilidades, os recursos de protección tan necesarios nestes tempos”.

Tomé aproveitou para adiantar a próxima recepción dun segundo lote de mascarillas sanitarias, adquirido polo Concello. A nova partida de material de protección, composto por 100.000 mascarillas de adulto e outras 15.000 infantís, recibiranse “nos vindeiros días”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A campaña Mascarilla-19, unha nova axuda para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Seguinte Nova

A residencia de maiores de Sober, libre de coronavirus

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss