As catro residencias de maiores da Deputación reciben 11.500 unidades de protección

Ademais de comprar este material, o organismo provincial seguirá coas tareas de desinfección destes centros

O presidente da Deputación, José Tomé, e os deputados Pilar García e Pablo Rivera, co cuarto envío de material de protección para as residencias provinciais de maiores. GPDL

A protección dos maiores das residencias provinciais de Trabada, Pol, A Fonsagrada e Ribadeo incrementarase con dúas novas actuacións. A Deputación de Lugo vén de entregar un total de 11.500 unidades de material de protección para evitar o contaxio do coronavirus nestes catro centros da súa titularidade. Ademais, continuará desinfectando estes espazos durante dúas semanas máis.

PRETO DE 5.500 MASCARILLAS, ENTRE OUTROS ELEMENTOS DE PROTECCIÓN

Así o explicou o presidente da Deputación, José Tomé, o martes 28 de abril, data na que se efectuou a distribución do lote de materiais, composto por 5.440 mascarillas, 3.600 calzas, 2.400 gorros e 8 xeles hidroalcólicos, para a protección do cadro de persoal e dos usuarios. Cada centro recibiu un lote formado por 1.000 mascarillas cirúrxicas, 300 mascarillas FFP2, 60 mascarillas FFP3, 900 calzas, 600 gorros e 2 xeles hidroalcólicos de 1 litro. Este reparto deseñouse seguindo os informes técnicos do servizo de Benestar Social.

A CUARTA PARTIDA QUE A DEPUTACIÓN ENVÍA ÁS SÚAS RESIDENCIAS

O material de protección hixiénico-sanitario, que supón a cuarta entrega realizada polo organismo provincial aos centros de maiores da súa titularidade, comprouse con fondos propios da Deputación. “Con esta nova remesa de material queremos que tanto os profesionais que coidan dos nosos maiores, como os propios maiores, estean protexidos”, salientou Tomé. Estas medidas permitirán aos profesionais e aos usuarios das residencias da Deputación “afrontar esta situación correndo o mínimo risco posible”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober compra equipamentos pensando na desescalada

Seguinte Nova

A Xunta analiza cos pequenos comerciantes medidas para a reactivación económica

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: