En Lugo, a Delegación ofrece dúas unidades de ozono no seu parque móbil do Ceao
A Delegación Territorial de Lugo pon á disposición dos concellos as dúas unidades de desinfección de vehículos por ozono. O responsable provincial, José Manuel Balseiro, explicou que estes dispositivos permiten hixienizar “de forma rápida e eficaz” os coches de servizo público, como os da Policía Local e Protección Civil.
SOLICITUDE CON CITA PREVIA, E DE BALDE
Esta nova medida de protección fronte o contaxio do coronavirus pode solicitarse con cita previa, a través do correo electrónico emerxencias.lugo@xunta.gal, como vía preferente de contacto. Outra maneira de formalizar esta solicitude é chamando ao teléfono do servizo territorial de Emerxencias 982 29 45 55.
Balseiro detallou que este servizo é gratuíto. Logo de formalizar a cita previa, os responsables municipais deberán trasladar os vehículos para desinfectar nas instalacións do parque móbil da Xunta no Polígono do Ceao, na capital provincial.