A zona mellorará o seu aspecto, e integrará un espazo para autocaravanas
O último Consello da Xunta do mes de abril aprobou a sinatura do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello do Incio, para renovar a contorna do Edificio Multiusos municipal. O convenio, cun importe de 115.095 euros, permitirá dotar a este espazo dun novo aspecto e funcionalidade.
ESPAZO DE AUTOCARAVANAS PARA INCENTIVAR O TURISMO
Segundo explicaron dende o Concello do Incio, as obras incluídas no proxecto buscan eliminar “o aspecto duro e gris” que aporta o actual aglomerado asfáltico dos exteriores do Multiusos. Ademais do elemento estético, o proxecto incrementará a utilidade desta contorna, coa adición de tres prazas de aparcamento e servizo para autocaravanas. Dende o Consistorio consideran que esta nova utilidade permitirá un maior aproveitamento dos recursos da contorna, como as rutas de sendeirismo ou a visita a puntos de interese paisaxístico e etnográfico.
CONTORNA HUMANIZADA COMO PUNTO DE ENCONTRO LÚDICO, FESTIVO E CULTURAL
Outro dos obxectivos do proxecto é humanizar a fronte do Multiusos para vincularla á praza do Concello, incorporando puntos verdes, entre outros elementos de confort e estética. Deste xeito, o espazo podería gañar funcionalidade como punto de encontro para a organización de actividades lúdicas, festivas e culturais, ademais de xogos ou mercadillos.