Unha app da Deputación axuda a medir a distancia das saídas na desescalada

O organismo provincial ofrece de balde a aplicación “Mide a túa saída”, recomendada sobre todo para móbiles e tabletas

A app sinala en vermello o perímetro permitido da saída dende o domicilio de cada usuario. GPDL

Para cumprir a normativa da desescalada e desfrutar dos paseos na desescalada, a Deputación de Lugo deseñou unha aplicación que mide a distancia que cada cidadán pode completar durante a saída, segundo os parámetros oficiais para cada colectivo. A aplicación “Mide a túa saída” calcula o límite exacto á que pode chegar cada persoa dende o seu domicilio, tendo en conta os permisos establecidos polas autoridades. A app está dispoñible no enlace (https://mideatuasaida.deputacionlugo.org/).

CALCULA O PERÍMETRO PERMITIDO PARTINDO DO DOMICILIO DO USUARIO

Segundo explicaron os responsables provinciais, a aplicación funciona en calquer dispositivo electrónico, aínda que se recomenda utilizala en teléfonos móbiles e tabletas, para poder tela á man en todo momento. Esta ferramenta, moi sinxela e intuitiva, só esixe activar a ubicación do dispositivo e dar permiso á web para que acceda a esta información. Os responsables provinciais destacaron que non é preciso descargar nada, xa que funciona por Google Maps, polo que non ocupa espazo nos nosos teléfonos.

O sistema considera como punto de partida para as medicións o domicilio do usuario e, partindo deste dato, calcula un perímetro en cor vermella, que será de 1 quilómetro ou de ata 5 quilómetros segundo a actividade elixida (saída con nenos, paseo de adultos, ou coidado da horta).

CONSTANTE ACTUALIZACIÓN PARA ADAPTARSE ÁS FASES DA DESESCALADA

No caso de ter que cambiar o punto de partida, pode modificarse a través da opción “Nova saída”, recalculando así o perímetro. Esta opción permite ademais que a app se actualice constantemente, en función dos cambios que introduzan as autoridades para regular a desescalada.

PABLO RIVERA: “FACILITARLLE Á XENTE A DESESCALADA A GOLPE DE CLICK”

A aplicación foi elaborada polo Servizo de Novas Tecnoloxías, dependente da área de Promoción Económica e Social. O deputado responsable desta área, Pablo Rivera, afirmou na estrea desta ferramenta que “o que se pretende é facilitarlle á xente o proceso da desescalada e que poida saber a golpe de click ata que punto máximo se pode mover”. Rivera destacou a importancia das novas tecnoloxías de xeoposicionamento dos teléfonos intelixentes para ofrecer “unha información realmente moi útil para todas as persoas”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Galicia ten 3357casos activos de coronavius, un 3,70% menos co día anterior. O numero total de contaxios dende o inicio chega a 9.728, un 1,27 % máis que onte

Seguinte Nova

A Xunta explica aos empresarios de Quiroga o plan de reactivación económica para o turismo

Últimas noticias sobre GALERÍA

 
A %d blogueros les gusta esto: