Galicia ten 3056 casos activos de coronavius, un 4,11% menos co día anterior. O numero total de contaxios dende o inicio chega a 9.859, só un 0,35 % máis que onte

Parece que a tendencia de contaxios consolida a baixada

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.056, deles 740 son da área da Coruña, 223 da de Lugo, 588 da de Ourense, 182 da de Pontevedra, 715 da área de Vigo, 468 da de Santiago, e 140 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 34 permanecen en UCI, 253 están en unidades de hospitalización e 2.769 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.234 persoas curadas, rexistrándose 569 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 104.990.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 2,3% do total das persoas residentes.

Respecto das dúas persoas falecidas onte en centros residenciais, unha foi na residencia Santa Teresa Jornet (A Coruña) e a outra na residencia Divino Maestro (Ourense).

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas asa dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven a reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Luz verde para acondicionar a contorna do Multiusos do Incio

Seguinte Nova

Os lucenses reciben outra quenda de máis de 100.000 mascarillas do Goberno central

Últimas noticias sobre SAÚDE

A %d blogueros les gusta esto: