O Concello recupera o pintado de viais en Monforte tralo parón polo inverno e o coronavirus

Os traballos completarán a sinalización horizontal en 16 rúas da cidade

Os sinais horizontais son fundamentais para a seguridade de vehículos e peóns nas estradas. (Foto: Pixabay)

O comezo da desescalada trae obras nas rúas de Monforte. O luns 4 de maio, o Concello anunciou que se retoman os traballos de renovación dos sinais horizontais nun total de 16 viais. Os traballos adxudicáronse a finais de setembro de 2019 por un importe global de case 32.000 euros, pero quedaron sen facer debido ás malas condicións climatolóxicas, e á posterior declaración do estado de alarma pola pandemia do coronavirus. O alcalde de Monforte, José Tomé, argumentou a recuperación destas obras polo permiso estatal para realizar este tipo de traballos, e polas boas perspectivas meteorolóxicas.

TRAMOS REPARTIDOS EN 16 RÚAS

En total, vaise actuar en 3.127 metros cadrados e 15.029 metros lineais, repartidos ao longo de 16 rúas. O Concello anunciou que as actuacións previstas incluirán tramos de Benito Vicetto, Valle- Inclán, Calvo Sotelo, Avenida de Galicia, Cardeal e praza Ponte Fontecha, Compañía, Dalmiro de la Válgoma, Paseo de Lugo, Reboredo, Chantada, Ourense, Roberto Baamonde, San Pedro, Escultor Francisco Moure, Doutor Casares, Huertas e cercanías do Campo de San Antonio.

Os traballos permitirán o correcto pintado de sinais horizontais de todo tipo, dende bandas de pasos de peóns ata isletas e liñas de detección, ademais de reservas de carga e descarga e de usuarios específicos, xunto aos correspondentes sinais de circulación.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta sumou 110 tarefas de desinfección no sur de Lugo

Seguinte Nova

Importante repunte dos contaxios por coronavirus en Galicia

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss