Preto de 11.000 visitas en só dous días á web da Deputación “Mide a túa saída”

Esta aplicación informa ao usuario sobre o perímetro permitido para as súas saídas na desescalada

A aplicación calcula o perímetro permitido para as saídas na desescalada de todo tipo de usuarios. GPDL

A comezos de maio, a Deputación activou a web “Mide a túa saída”, para facilitar aos lucenses a medición da distancia permitida nas saídas da desescalada. Durante os dous primeiros días, a web contabilizou preto de 11.000 visitas, “unha boa acollida” segundo valoraron os responsables provinciais. Esta web permite calcular a distancia máxima na que pode moverse o usuario segundo as normas establecidas polo Goberno, e tomando como punto de partida o seu domicilio.

A WEB VISITÁRONA USUARIOS LUCENSES, PERO TAMÉN DA CORUÑA, MADRID, VALLADOLID OU SANTIAGO, ENTRE OUTRAS LOCALIDADES

En canto á procedencia dos usuarios da aplicación, a mayoría son lucenses, cun total de 4.000. Tamén amosaron o seu interese por esta ferramenta usuarios de fóra de Galicia, como as 1.995 visitas realizadas dende Madrid, ou as 195 dende Barcelona e as 446 dende Valladolid, ademais outras procedentes de Burgos e Palencia. Dentro de Galicia, a web posta en marcha pola Deputación de Lugo rexistrou entradas dende diversos puntos, como as 734 visitas feitas dende A Coruñ ou as 356 dende Santiago de Compostela.

A ferramenta “Mide a túa saída” está dispoñible na web https://mideatuasaida.deputacionlugo.org/), sen necesidade de facer descargas no móbil ou na tableta. Só esixe activar a ubicación no dispositivo do usuario, e dar permiso á web para que acceda a esta información. Segundo o tipo de usuario, a aplicación calcula o perímetro permitido para as saídas nesta fase da desescalada, tomando o domicilio como punto de referencia para a medición.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os lucenses reciben outra quenda de máis de 100.000 mascarillas do Goberno central

Seguinte Nova

A Xunta sumou 110 tarefas de desinfección no sur de Lugo

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss