O reparto de mascarillas cubrirá o 60% da poboación adulta e o 100% dos nenos e nenas dos concellos de menos de 20.000 habitantes
Os concellos lucenses recibirán un novo envío de materiais de protección fronte ao coronavirus, logo de que a Deputación encargara esta semana outra partida de 212.000 unidades. O anuncio realizouno o presidente do organismo provincial, José Tomé, o 6 de maio, co envío dunha carta aos rexedores lucenses na que explica as características destas novas dotacións.
CARACTERÍSTICAS DO LOTE
O lote adquirido pola Deputación está composto por 100.000 mascarillas cirúrxicas, 6.200 mascarillas FFP2, 25.000 mascarillas infantís, 80.000 luvas, 100 pantallas protectoras, 330 xeles hidroalcólicos, 20 botes de alcol e 100 dosificadores automáticos. Deste xeito, búscase dar cobertura ao 60% da poboación adulta dos municipios de menos de 20.000 habitantes, e ao 100% dos nenos e nenas destas demarcacións.
Tomé salientou que “en canto recibamos o material comezaremos a entregalo nos concellos cos medios do Parque Móbil”. O presidente da Deputación precisou que a maior parte das empresas ás que se lle contratou o subministro son la provincia, co conseguinte impulso á dinamización económica do territorio.