En Lugo, a Xunta destina case 650.000 euros para a limpeza das marxes de preto de 1.500 quilómetros de viais
Xa arrancaron os traballos de roza das estradas de titularidade autonómica, que se prolongarán ata o mes de xuño. A Xunta acometeu estas labores cun investimento de 643.500 euros para limpar de masa vexetal as marxes de 1.490 quilómetros de estradas lucenses. Os traballos execútanse con cargo aos contratos de conservación ordinaria e vialidade invernal das zonas norte e sur da provincia de Lugo.
MÁIS SEGURIDADE AO AUMENTAR A DRENAXE, A VISIBILIDADE DE POSIBLES ANIMAIS, E A PREVENCIÓN DE INCENDIOS
Dende a Delegación Territorial da Xunta na provincia, explicaron que estas actuacións arrancaron nos puntos nos que a vexetación, por causas biolóxicas ou meteorolóxicas, presenta un estado “máis avanzado”. A finalidade é mellorar a seguridade das estradas, grazas á mellora da visibilidade e á diminución de obstáculos e elementos vexetais no firme. Así mesmo, esta limpeza favorece a capacidade de evacuación dos sistemas de drenaxe, ademais de permitir detectar a presenza de animais con tempo suficiente para evitar un accidente.
Os responsables autonómicos tamén destacaronn a importancia de manter un aspecto limpo das estradas para disuadir dunha posible acumulación de vertidos incontrolados, así como o efecto preventivo que ten a vexetación das marxes para evitar incendios forestais.