As familias do Incio reciben a domicilio un pack de protección para evitar contaxios

O Concello distribúe este material, que inclúe doazóns de Magnesitas de Rubián e da Farmacia do Incio

Os productos que integran o pack de protección familiar distribuídos polo Concello nos domicilios do Incio. GPCI

O pasado 18 de maio, o Concello do Incio comezou a distribuír un pack de protección familiar para evitar o contaxio do coronavirus, e que permitirá á veciñanza cumprir coa normativa fixada polas autoridades sanitarias na desescalada.

PACK FAMILIAR CON MASCARILLAS DE ADULTOS E DE NENO, XEL EN DOUS FORMATOS, E TOALLIÑAS HIXIÉNICAS

Segundo explicaron dende o Consistorio, a partida contou con 4.000 mascarillas doadas pola empresa Magnesitas de Rubián, e con cadanseu kit composto por bolsiña hixiénica, toalliñas e unha unidade de xel dun só uso, doados pola Farmacia do Incio. Os lotes enriquecéronse cunha aportación do propio Concello, que achegou botes de xel hidroalcohólico de 100 mililitros (un por pack) e máscaras infantís reutilizables.

Logo de traballar na preparación dos packs, o Concello procedeu ao seu reparto casa por casa, coa colaboración dos membros do Goberno municipal, persoal de Protección Civil, e axentes medioambientais voluntarios da Xunta.

Dende o Concello, agradeceron á veciñanza o seu comportamento e colaboración durante os meses de confinamento, ao tempo que lembraron a importancia de cumprir as recomendacións sanitarias.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

12.000 mascarillas do Concello para dar seguridade ao comercio e á hostelería de Monforte

Seguinte Nova

Segundo día consecutivo sin mortos por coronavirus en Galicia

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: