Completado o balizamento de seguridade dun tramo do corredor Sarria- Monforte

A Xunta colocou balizas de separamento entre sentidos de circulación nun total de 18 quilómetros deste vial

No corredor Sarria-Monforte, os novos balizamentos advirten dos tramos de liña continua nos que está prohibido o adiantamento. GPXG

Antes de que remate o mes de maio, a Xunta ten completadas as obras de instalación de balizas de separación dos sentidos de circulación nun total de 18 quilómetros do corredor Sarria-Monforte.

Segundo explicaron os responsables autonómicos, estes elementos permitirán aos usuarios da vía percibir as características da estrada e adaptar a condución con seguridade. O balizamento realizouse naqueles tramos nos que hai liña continua en ambos os dous sentidos, polo que se manteñen as mesmas posibilidades de adiantamento que xa existían.

SENSACIÓN DE MAIOR DISTANCIA FÍSICA ENTRE OS DOUS SENTIDOS DE CIRCULACIÓN

Para advertir aos condutores, pintouse no eixe da estrada unha dobre liña branca con resaltos e unha liña intermedia de cor verde, co que se reduciu lixeiramente o ancho dos carrís. Esta medida fará que os condutores moderen a velocidade, e perciban anticipadamente que nese tramo non está permitido o adiantamento. Este efecto de separación física entre os carrís reforzouse coa instalación de 390 captafaros e 641 balizas verticais no eixo da calzada, elaboradas con materiais flexibles e durables, para poder resistir os posibles impactos dos vehículos.

Dende a Xunta destacaron que estes elementos de seguridade están a dar bos resultados naqueles viais nos que xa están instalados, como é o caso do corredor entre Brión e Noia.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Só 4 novos casos detectados de Coronavirus en Galicia

Seguinte Nova

Reabre o ximnasio municipal de Sober con cita previa

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: