A comezos de xuño poderá usarse de novo a pista de pádel e a área polideportiva de Centeás
Dende o 27 de maio, xa se pode utilizar o ximnasio municipal de Sober, para o que hai que reservar cita no teléfono 982 46 05 13. Dende o Concello explicaron que só está permitida a prática deportiva individual, e os usuarios deberán manter as debidas normas de hixiene e seguridade establecidas polas autoridades sanitarias.
DESINFECCIÓN DA MAQUINARIA E DO ESPAZO DEPORTIVO
O Concello desinfectou as instalacións antes da súa apertura, e continuará con estas medidas especiais ata que se levanten as restriccións do Ministerio de Sanidade.
O Goberno local anunciou que a comezos de xuño vanse abrir as instalacións polideportivas de Centeás e a pista de pádel que está xunto ás piscinas. Tamén será preciso solicitar cita previa para a súa utilización.