Ata o 8 de xuño para renovar praza, e ata o 15 para novos ingresos
O 1 de xuño, o Concello de Monforte abriu o periodo de presentación de solicitude de praza na gardería municipal. Os prazos, que acostumaban ser efectivos durante os meses de marzo e abril, estiveron suspendidos por mor da declaración do estado de alarma pola pandemia do Covid-19. Para recuperar estas tramitacións, o alcalde, José Tomé, asinou un decreto no que se establece un novo calendario de admisións.
Deste xeito, as familias que queiran renovar praza na gardería municipal, terán que solicitalo entre o 1 e o 8 de xuño. Para os casos de novo ingreso, o prazo está en vigor ata o 15 de xuño inclusive.
DOCUMENTACIÓN
Ambas modalidades de inscrición esixen cubrir a folla de solicitude, que está dispoñible na web do Concello de Monforte. Ademais, haberá que presentar o xustificante bancario de ter abonada a correspondente fianza de 40 euros. Dende o Concello insisten en que os cidadáns presenten todo tipo de documentación por vía telemática, segundo recomendan as autoridades sanitarias.
Os requisitos para poder acceder a unha praza na gardería municipal poden consultarse na propia web do Concello: www.monfortedelemos.gal. Para obter máis información sobre o funcionamento da gardería municipal, ou para resolver calquer dúbida da tramitación, os cidadáns poden dirixirse por teléfono ao Centro de Información da Muller (CIM) de Monforte, a través do número 982 416 350.