Ata o 30 de setembro para presentar traballos de investigación ao certame Condado de Pallares

O contido deberá estar referido a calquer aspecto da cultura e do territorio dos municipios de Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada e Carballedo

Presentación do XIV Certame de Investigación Condado de Pallares, o 4 de xuño. GPVDL

Este mes arrancou a conta atrás da edición décimo cuarta do premio Condado de Pallares, unha iniciativa que recoñece cada ano ao mellor traballo de investigación cultural sobre a demarcación medieval que dá nombre ao certame. Ata o 30 de setembro está aberto o prazo para participar, nunha iniciativa organizada pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, da Xunta de Galicia, e dos Concellos de Guntín, Taboada e Chantada.

3.000 EUROS EN METÁLICO E UNHA TIRADA DE 1.200 EXEMPLARES

A convocatoria establece un único premio de 3.000 euros en metálico máis a edición en papel da obra cunha tirada de 1.200 exemplares. O acto de entrega do galardón terá lugar en Chantada, a finais do mes de novembro. Segundo as bases do certame, os traballos deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua galega e cunha extensión mínima de 100 folios. A temática versará sobre aspectos da lingüística, a historia, a arte, a arqueoloxía, a antropoloxía, a etnografía e folclore, vinculados ao territorio comprendido polos actuais municipios de Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada e Carballedo.

RECOÑECEMENTO ÁS ENTIDADES CULTURAIS “COMO AXENTES DE DINAMIZACIÓN SOCIAL”

Na presentación da edición número catorce do certame de investigación Condado de Pallares, a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, expresou o seu “recoñecemento e agradecemento” ao papel que desenvolven as entidades culturais como a Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares. Ferreiro referiuse a estes colectivos como “axentes de dinamización e vertebración social”, e salientou que este tipo de premios “son unha oportunidade para que o traballo de investigación sexa recoñecido”.  

“VALIOSA CONTRIBUCIÓN” PARA COÑECER MELLOR O TERRITORIO HISTÓRICO DO CONDADO DE PALLARES

Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, afirmou na presentación que este premio é “unha valiosa contribución para o coñecemento deste territorio histórico”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comeza a tramitación para declarar BIC á igrexa de Santa Cruz do Incio

Seguinte Nova

Avanza a nova fase do proxecto ambiental de San Fiz en Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: