Avanza a nova fase do proxecto ambiental de San Fiz en Chantada

Esta parroquia chantadina é o primeiro territorio de Galicia no que se aplicará un Plan de Ordenación do Medio Físico

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, na xuntanza telemática co alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo, para facer un seguimento do Plan de Ordenación do Medio Físico de San Fiz de Asma, o 3 de xuño. GPXG

A protección especial do territorio da Ribeira Sacra vén de lograr un novo chanzo. A comezos de xuño, iniciouse a tramitación ambiental do Plan de Ordenación do Medio Físico da parroquia de San Fiz de Asma, no municipio de Chantada.

FUNCIONALIDE E INTERVENCIÓNS QUE RESPECTEN A SINGULAR PAISAXE

Esta medida deuse a coñecer logo da xuntanza telemática que a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo co alcalde de Chantada, Manuel Varela, o pasado 3 de xuño. O Plan trata de protexer un territorio no que abundan as construcións singulares, mesturadas con viais de accesos e socalcos. O documento pretende establecer pautas de intervención nas estruturas e nos materiais empregados, co fin de protexer as características senlleiras desta paisaxe, ao tempo que preserva a funcionalidade das construcións.

DOCUMENTO INTEGRADO NO PLAN ESTRATÉXICO DA RIBEIRA SACRA

Na reunión, na que estivo presente a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarna Rivas, a conselleira salientou que este documento é o primeiro destas características que se elabora en Galicia. Esta medida forma parte das accións do Plan Estratéxico para a Ribeira Sacra, posto en marcha pola Xunta en 2019 cunha dotación que supera os 3,5 millóns de euros, e que ten como obxectivo mellorar a planificación e a protección deste territorio.  

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata o 30 de setembro para presentar traballos de investigación ao certame Condado de Pallares

Seguinte Nova

Nova praza e zonas verdes coa humanización da rúa da Peza

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: