Sober pide unha subvención a Europa para poñer wifi en puntos turísticos

Se finalmente consigue esta achega, o Concello complementaría con fondos propios a ampliación de dita rede

A achega europea permitirá que veciños e visitantes conten cun servizo de internet wifi de alta calidade en varios espazos públicos de Sober. GPCS

O Concello de Sober quere dar servizo gratuíto de internet aos visitantes que acudan aos puntos de interese turístico do municipio. Para poñer en marcha este proxecto, o Consistorio soberino vén de solicitar unha subvención á Unión Europea, cun importe de ata 15.000 euros, que se inclúe dentro do programa Wifi4EU, destinado a dotar dos municipios pequenos de servizo wifi en espazos de afluencia turística.

O programa europeo financia a instalación de puntos de acceso gratuíto wifi a internet de alta calidade en localizacións de uso público como parques e prazas, así como bibliotecas, centros de saúde ou edificios administrativos. Pola súa banda, os municipios beneficiados deben asumir os gastos de conectividade, o mantemento e o funcionamento do equipo durante un mínimo de tres anos.

AMPLIACIÓN POSTERIOR DA REDE CON INVESTIMENTO MUNICIPAL

De serlle concedida, a achega permitiría crear en Sober unha rede de puntos de acceso gratuitos e de alta velocidade a internet en varios entornos públicos do municipio. Dende o Concello, teñen previsto ampliar dita rede, investindo fondos propios, para facer chegar este servizo a outros puntos como Os Chancís, miradoiros, a contorna das casas rurais, e incluso a capitalidade.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Cinco concellos da zona sur terán axudas autonómicas para reforzar as oficinas de turismo

Seguinte Nova

Sober multará polos enganches ilegais e o mal uso da auga da traída

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: