Achegas autonómicas para que 10 concellos do sur contraten a 45 perceptores da Risga

Os contratos, para traballar en limpeza, xardíns ou obras, durarán nove meses

Os beneficiarios da Risga que sexan contratados polas axudas da Xunta realizarán, entre outros, labores de xardinería e limpeza en espazos municipais. (Foto: Pixabay)

Un total de 45 persoas que reciben a renda de inserción social (Risga) no sur de Lugo poderán desfrutar dun contrato por nove meses, grazas ás axudas da Xunta para a contratación a través dos concellos. Estas achegas buscan facilitar a inserción laboral destas persoas, que traballarán como peóns de obras, de xardinería ou de limpeza, en 10 concellos das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga.

MONFORTE FARÁ 20 CONTRATACIÓNS CON ESTAS AXUDAS

Para esta zona, a Xunta achega un total de 617.500 euros, cos que se financiarán os custos laborais destas 45 persoas. Os beneficiarios obterán formación prática e un contrato laboral por 9 meses. Na zona sur, o municipio con máis contratados será Monforte de Lemos, con 20 persoas, seguido a moita distancia por Chantada, Quiroga e O Saviñao, cada un deles con 5 beneficiarios desta liña de contratacións. A Pobra do Brollón, Pantón, Carballedo e Sober recibirán achegas para dar emprego a dúas persoas cada un, mentres que Ribas de Sil e Taboada percibirán subvencións para un contrato por municipio.

CONTÍAS E CONTRATACIÓNS POR CONCELLOS

En cifras, Monforte de Lemos disporá de 317.872,80 euros para contratar a 20 beneficiarios da Risga. En segundo lugar está a contía que recibe Chantada, con 65.635,20 euros para cinco contratacións. O mesmo número de novos contratados terán O Saviñao, cunha achega autonómica de 62.704,62 euros, e Quiroga, que percibirá 54.067,41 euros.

No grupo de municipios que formalizarán dúas contratacións, está Sober, con 26.253,90 euros, seguido de Carballedo, con 24.050,70, A Pobra do Brollón, con 23.374,44 euros, e Pantón, con 20.350,80.

Por último, para contratar a un beneficiario da Risga, Taboada disporá de 13.127,04 euros da Xunta, e co mesmo número de beneficiarios, Ribas de Sil terá 10.077,21 euros.

Segundo explicaron dende a Delegación Territorial en Lugo, a asignación dos recursos realizouse por estrito orden de entrada en base ao número de persoas perceptoras da Risga de cada Concello. O criterio para contratar estableceu un máximo de dous contratos para os municipios que tiveran menos de 10 perceptores da renda de inserción social, e ata un máximo de 40 naqueles concellos que superen os 700 perceptores da Risga.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O VI Concurso Semente Ribeira Sacra reabre ata o 30 de xuño o prazo para presentar proxectos empresariais

Seguinte Nova

Nova quenda de limpeza para a Ponte Vella de Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss