Sober multará polos enganches ilegais e o mal uso da auga da traída

O Consistorio investiu 40.000 euros nun sistema intelixente para controlar os consumos

As autoridades municipais lembran a importancia do consumo responsable da auga procedente da rede de abastecemento. (Foto: Pixabay)

A auga é un ben común, e a rede de abastecemento un servizo público, polo que garantir o bo uso de cada un deles repercutirá no beneficio da comunidade. Con esta idea, o Concello de Sober anunciou sancións para aqueles veciños que estraguen a auga da traída, ou realicen enganches ilegais á rede de abastecemento. Este control xa é posible, grazas ao sistema intelixente posto en marcha hai pouco que permite rexistrar os consumos de auga potable da veciñanza.

TELEXESTIÓN DOS CONSUMOS POR ZONAS

O sistema supuxo un investimento de 40.000 euros, que se financiou con cargo ao Plan Único da Deputación de Lugo correspondente ao exercicio de 2019. Ademais de permitir o control do consumo por zonas, este dispositivo de telexestión fai posible detectar fugas e derivacións ilegais da rede de abastecemento.

RECOMENDACIÓNS PARA EVITAR MULTAS POR USO INDEBIDO DA AUGA DA TRAÍDA

Dende o Consistorio anunciaron a realización dun estudo minucioso por tramos, que alertará destas ilegalidades. As autoridades locais recomendaron un consumo responsable da auga, e lembraron que está prohibido regar, lavar coches ou encher piscinas con auga da traída.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sober pide unha subvención a Europa para poñer wifi en puntos turísticos

Seguinte Nova

Os nacionalistas apoian as demandas dos viticultores de priorizar os cultivos tradicionais na Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss