Nova quenda de limpeza para a Ponte Vella de Monforte

O Concello cortará o tráfico neste punto durante toda a mañá do martes 9 de xuño

Imaxe de arquivo da pasada actuación de limpeza na Ponte Vella de Monforte. GPCM

Coa chegada do verán, inícianse as tarefas municipais de limpeza de vexetación en varios puntos da cidade de Monforte. Na vindeira semana, desenvolveranse os traballos na Ponte Vella, unha vía urbana con gran valor patrimonial e turístico.

Segundo avanzaron dende o Concello, os labores de limpeza terán lugar na mañá do martes 9 de xuño. A retirada de maleza e da vexetación superficial requerirá da instalación dun guindastre. Por este motivo, será preciso cortar o tráfico neste punto dende as 7:30 horas, e ata o remate dos traballos, que se prevé estean completados ao final da mañá.

UN BEN DE INTERESE CULTURAL “QUE FORMA PARTE DA IMAXE DE MONFORTE”

O alcalde, José Tomé, destacou a importancia do mantemento e limpeza deste Ben de Interese Cultural. Ademais de cumprir cun dos compromisos electorais deste Goberno, Tomé salientou que estes traballos permiten manter “nas mellores condicións” a Ponte Vella, “monumento que forma parte da imaxe da nosa cidade”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Achegas autonómicas para que 10 concellos do sur contraten a 45 perceptores da Risga

Seguinte Nova

Arrancan os encontros sectoriais do turismo promovidos pola Deputación

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: