Aberto ata o 3 de xullo o prazo de inscrición no Centro de Formación Audiovisual da Deputación

Os admitidos deberán formalizar a matrícula entre o 15 e o 30 de xullo

Imaxe de arquivo dunha sesión de traballo no Centro de Formación Audiovisual da Deputación de Lugo. GPDL

O Centro de Formación Audiovisual da Deputación de Lugo retoma o procedemento de inscrición e matrícula para o vindeiro curso 2020-2021. O Centro ofrecerá 20 prazas para cada un dos ciclos, con matrícula gratuíta agás para os alumnos repetidores.

PRAZOS DE INSCRICIÓN E LISTAXE PROVISIONAL

A primeira fase do proceso, a de inscrición, está aberta dende o 22 de xuño ata o 3 de xullo. Os solicitantes deberán presentar, xunto co formulario de inscrición dispoñible na web www.deputacionlugo.gal, unha fotocopia do DNI e a certificación académica. Toda a documentación pode enviarse de xeito telemático a través da web da Deputación de Lugo, ou no propio Centro de Formación Audiovisual, na rúa Frei Plácido Lemos s/n, de Lugo.

LISTAS DEFINITIVAS E MATRÍCULA DO 15 AO 30 DE XULLO

O día 7 de xullo, darase a coñecer a lista provisional de admitidos e excluídos, así como a lista de espera por posibles renuncias, no taboleiro de anuncios do Centro e na web da Deputación. As reclamacións poderán presentarse entre o 8 e o 10 de xullo. A lista definitiva de admitidos, excluídos e en espera publicarase o día 14. A matrícula deberá formalizarse entre o 15 e o 30 de xullo no propio Centro, de 9:00 a 14:00 horas.

CRITERIOS DE ACCESO NO CASO DE QUE A DEMANDA SUPERE Á OFERTA DE PRAZAS

Se as solicitudes superan o número de prazas, darase prioridade aos solicitantes con titulación de bacharelato que se determine para cada ciclo, despois aos que teñan unha titulación de bacharelato distinta, a continuación aos de titulación en técnico superior, e finalmente aos que teñan título universitario. En cada un destes grupos, priorizarase aos solicitantes que se matriculen por vez primeira no ciclo, aos que teñan maior nota media no expediente, e ao sexo menos representado no ciclo formativo solicitado na matrícula do curso anterior.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha os traballos de roza en pistas e viais municipais do Incio

Seguinte Nova

Recepción oficial na Deputación ao ascendido Emevé feminino

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: