En marcha os traballos de roza en pistas e viais municipais do Incio

O Concello traballa cun equipo de operarios municipais, apoiados por dous tractores contratados para a ocasión

Operarios municipais limpan de maleza una pista do Concello do Incio. GPCI

A pouco de comezar o mes de xuño, arrancaron no Incio os traballos de desbroce das estradas e pistas de titularidade municipal. Dende o Concello informaron de que os labores vanse prolongar varios días, ata completar a totalidade das parroquias.

Para limpar de vexetación os viais municipais, o Concello contratou dous tractores, que dan apoio aos operarios municipais. Os vehículos, dotados cos correspondentes mecanismos para a corta de maleza, están a ser manexados por persoal do Concello. O resto dos operarios desbrozan a man, coordinados en varios equipos para ir completando o traballo parroquia por parroquia.

MELLOR ACCESO ÁS ÁREAS RECREATIVAS E ÁS RUTAS DE SENDEIRISMO

Dende o Consistorio destacaron a importancia destes traballos para o mantemento das estradas municipais en perfecto estado, ao tempo que se reduce o risco de incendios. Por outra banda, o desbroce das pistas municipais pon en valor os recursos turísticos do municipio, ao facilitar o acceso dos visitantes e manter en boas condicións espazos de afluencia turísticas, como son as áreas recreativas ou as rutas de sendeirismo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Pazo de Tor abre o 26 de xuño con medidas anti Covid 19

Seguinte Nova

Aberto ata o 3 de xullo o prazo de inscrición no Centro de Formación Audiovisual da Deputación

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: