O Concello tamén limpa de vexetación os accesos a puntos de interese turístico
Dende comezos de xuño, o Concello de Sober ten en marcha os traballos de roza das pistas municipais. Nas dúas primeiras semanas, quedaron completados os labores de retirada de vexetación en viais de seis parroquias soberinas.
Segundo explicaron dende o Goberno local, as tarefas de desbroce contribúen á prevención dos incendios forestais, ao tempo que melloran a visibilidade para os vehículos. No apartado turístico, a limpeza das pistas favorece o acceso e disfrute dos visitantes que se achegan aos diversos puntos de interese do municipio.