Monforte dirá adeus aos pasos a nivel urbanos

O Concello inicia a primeira fase deste proxecto suprimindo os pasos de Rioseco e Juan Montes, cun investimento de 5,7 millóns de euros

O alcalde de Monforte, José Tomé, e o responsable de Adif para Ourense e esta zona, Luis Palacios, na presentación do proxecto de supresión dos pasos a nivel urbanos, o 24 de xuño. GPCM

A paisaxe urbana de Monforte gañará en seguridade coa próxima supresión de seis pasos a nivel. O proxecto arrancará cunha primeira fase, presupostada en case seis millón de euros, e que suporá a eliminación do paso de Rioseco e do situado na rúa Juan Montes. As obras acometeranse nun prazo estimado de 3 a 4 anos.

UN PASO INFERIOR CON ROTONDA, UNHA PONTE E CINCO NOVAS RÚAS PARA DESFRUTRA DE COMUNICACIÓNS “MODERNAS E FLUÍDAS A AMBOS LADOS DA VÍA”

O alcalde, José Tomé, explicou o detalle das obras nunha rolda de prensa na que estivo acompañado do responsable de Adif en Ourense e nesta zona, Luis Palacios. Os responsables públicos apuntaron a que a solución para estes dous pasos a nivel está na construción dun paso inferior por debaixo da vía, nun punto intermedio entre ambas localizacións. A través deste novo vial, canalizarase o tráfico rodado, e terá tamén acceso peonil, evitando así os atropellos que ocasionou cruzar as vías en superficie.

Tomé destacou que esta solución “vai cambiar totalmente a fisonomía desta zona”. A construción do paso a nivel terá como consecuencia a implantación dunha rotonda, unha ponte e cinco novas rúas. Deste xeito, e segundo subliñou o alcalde, o proxecto dará lugar a “comunicacións modernas e fluídas a ambos lados da vía” ao evitar “as esperas propiciadas polo paso do tren”.

Con esta nova rede de cinco rúas, establecerase unha conexión dende a rúa do Morín ata a nova rotonda mediante o paso inferior. A rotonda distribuirá o tráfico cara Rioseco e Juan Montes mediante unha nova ponte que comunicará co núcleo de Rioseco. A circulación pola marxe esquerda da vía ferroviaria, paralela a Padre Feijóo, farase por unha das novas rúas, que arrancará no xardín situado diante do bar A Ronda ata Juan Montes.

PRESUPOSTO QUE SUPERA OS 5,7 MILLÓNS DE EUROS

Os máis de 5,7 millóns de euros que se destinarán a este proxecto inclúen a construción do paso inferior, a rotonda, a ponte e as cinco novas rúas, así como as expropiacións, o control e vixilancia ambiental da zona, e a reposición de servidume e servizos afectados, así como a conservación do posible patrimonio recoñecido neste espazo, e o resto de unidades de obra.

En canto ao calendario das obras, Luis Palacios precisou que, unha vez completado o periodo de alegacións, adicaranse tres meses a supervisar e aprobar o proxecto de licitación, outros seis para adxudicar e asinar o contrato, e 16 meses para executar as obras. Tomé prevé que o proxecto estea completado a principios de 2023, data na que estes dous pasos a nivel xa serán historia.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga reactiva o deporte post-pandemia con tres andainas no mes de xullo

Seguinte Nova

Monforte será o punto de partida do VIII Rally Turístico Terras do Incio

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: