Nova edición do Campamento de Verán en Bóveda

As actividades terá lugar do 1 ao 30 de xullo, en horario de mañá

O mes de xullo encherase de animación co Campamento de Verán de Bóveda, pensado para nenos e nenas de 4 a 13 anos. GPCB

O Concello de Bóveda organiza de novo o Campamento de Verán, con actividades deseñadas para nenos e nenas de 4 a 13 anos. Desta volta, o Campamento ofrece 15 prazas, que se poden desfrutar por quincenas ou ben por mes completo.

ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE NA ZONA DA FILGUEIRA, PARA GARANTIR A DISTANCIA DE SEGURIDADE

A programación desenvolverase de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, na zona da Filgueira, nun entorno ao aire libre sempre que as condicións climatolóxicas o permitan. A zona escollida permite manter a distancia de seguridade, dentro dos protocolos sanitarios pola Covid-19. Para garantir estas medidas, no caso de choiva trasladaranse as actividades ao pavillón municipal ou ao salón de actos do Edificio Sociocultural.

UNHA OPCIÓN DE LECER E PARA FACILITAR A CONCILIACIÓN FAMILIAR NO VERÁN

Dende o Concello, o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, salientou que as actividades do Campamento de Verán aportan unha opción lúdica para os rapaces e rapazas durante as vacacións escolares, e tamén “unha axuda para a conciliación laboral das familias durante o verán”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A necrópole do Castro de San Lourenzo acollerá unha nova edición do campo de voluntariado

Seguinte Nova

Noites de cine no verán de Pantón

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: