O novo equipamento deportivo está emprazado no complexo de Centeás

Sober vén de aumentar a súa oferta de instalacións deportivas e de lecer. A comezos do mes de xullo, quedaba inaugurada a pista municipal de pádel, situada no complexo de Centeás. Deste xeito, o conxunto deportivo situado a carón das piscinas municipais gaña en prestacións para os usuarios. O Concello dará a coñecer a normativa e condicións de uso da nova pista. •