A Deputación activa un proxecto que levaba unha década paralizado
A comezos de xullo, a Deputación iniciou os traballos de mellora do acceso á finca de Tor, espazo de titularidade provincial que integra o Museo Pazo de Tor e un amplo conxunto de terreos. Con esta medida, o organismo provincial retoma un proxecto que se iniciou hai máis de dez anos, co arranxo do primeiro tramo do acceso, correspondente ao enlace da estrada LU-P-3207 coa autonómica LU-617.
MELLOR COMUNICACIÓN DENDE MONFORTE, E PULO AO CONXUNTO DE TOR
Segundo explicou o presidente da Deputación, José Tomé, as obras en curso servirán “para conectar o centro da cidade de Monforte con este complexo”. O mandatario provincial lembrou o seu compromiso como presidente da Deputación de impulsar e poñer en valor o conxunto de Tor “para convertelo nun referente no sector primario”, con actividades relacionadas coa agricultura ecolóxica e a formación universitaria.
Con estas obras, completarase o ensanche da vía e se crearán novos accesos e unha rotonda. Ademais, pavimentarase todo o treito, e incluiranse novos espazos de estacionamento e un acceso ata o Aulario. •