O Concello do Saviñao renova as varandas deste singular enclave de lecer do sur lucense

A Praia da Cova renova a súa fisonomía con novos arranxos. O Concello do Saviñao está a cambiar as varandas que protexen o acceso á zona de baño fluvial, substituíndo un total de 200 metros de barras por outras de madeira tratada.
O alcalde, Juan Carlos Armesto, destacou o resultado que terá esta intervención “para poñer en valor un dos espazos máis emblemáticos da Ribeira Sacra”. O rexedor lembrou a gran afluencia de visitantes que ten a Praia da Cova durante o verán, sobre todo nas fins de semana. De aí a importancia, segundo Armesto, de “amosar unha praia fluvial máis coidada aos turistas”, como un reclamo máis dos moitos que ten este territorio.