A adega EDV2015 e o CIM de Quiroga organizan este singular evento que reúne enoloxía, historia e natureza

A axenda lúdica en torno ao viño retoma a súa marcha na Ribeira Sacra. En Quiroga, está preparada unha cita moi especial, que terá como protagonistas ás mulleres. Na noite do sábado 18 de xullo, a adega EDV2015 en colaboración do Centro de Información da Muller (CIM) de Quiroga organiza unha cata nocturna, a primeira destas características que se celebra na zona, e que mantén a franxa da noite como un momento especial para desfrutar do viño e da súa cultura. De feito, esta mesma adega optou pola innovación no eido promocional ao organizar nos últimos dous anos as que foron as primeiras vendimas nocturnas da Ribeira Sacra.
VISITA GUIADA POLO PASADO ROMANO DE MARGARIDE
O punto de encontro da actividade será a Casa da Cultura de Quiroga, ás 21:00 horas, para salir cara a Margaride, onde se realizará unha visita guiada polo pasado romano desta zona. Segundo vaia caendo a noite, a comitiva desprazarase a través dun sendeiro iluminado por fachas ata chegar a unha das viñas da adega organizadora, para desfrutar da cata-degustación. Neste escenario, as participantes estarán acompañadas polas dúas xeracións da adega, que comentarán os detalles dos viños mentras soa música en directo.