Xoán Eiriz actuará no auditorio na tarde do sábado 18 de xullo
Volve a actividade cultural presencial a Sober, logo do parón polo estado de alarma. A primeira cita desta nova quenda de sesións culturais con protocolo especial anticontaxios será o concerto de Xoán Eiriz, que se celebrará o sábado 18 de xullo a partir das 20:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura.
O repertorio que traerá Xoán Eiriz centrarase nas dez cancións que integran o seu novo disco, titulado “Poemas de amor en outono”. Ademais deste disco, que fai o número 14 da súa discografía, o compositor interpretará as pezas máis significativas da súa traxectoria musical.
Dende o Concello de Sober avanzaron que se velará polo cumprimento dos protocolos hixiénico-sanitarios, como a distancia de seguridade, entre outras medidas.