Sober estrea o servizo de Xantar na Casa

•A través do Consorcio Galego de Servizos, este programa de comida a domicilio ofrece unha alimentación de calidade a persoas maiores dependentes ou en risco de exclusión

O reparto de alimentos do programa autonómico Xantar na Casa comezou en Sober o pasado 22 de xullo. GPCS

O Concello de Sober vén de engadir un novo servizo de atención á veciñanza con máis necesidades. Dende finais de xullo, está funcionando no municipio o programa Xantar na Casa, unha iniciativa da Xunta que garante unha alimentación de calidade aos maiores dependentes ou en risco de exclusión, cubrindo así as súas necesidades nutricionais.

MÁIS USUARIOS
O primeiro servizo ofreceuse a tres usuarios soberinos, e vanse incorporar novos domicilios de xeito progresivo. Esta asistencia é posible grazas á adhesión do Concello de Sober ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, encargado de xestionar o funcionamento deste programa de comida a domicilio.

O USUARIO ASUME O 25% DO GASTO
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explicou o sistema de cofinanciación deste programa, a través dun convenio entre o Concello e o Consorcio. O 50% do gasto é asumido pola Consellería de Política Social, o 25% polo Concello e o outro 25% polo usuario do servizo. Guitián lembrou que, coa posta en marcha do Xantar na Casa, cúmprese un dos compromisos do programa electoral.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O grupo adegueiro Vinigalicia de Chantada doa 18.000 euros á investigación sobre a covid-19

Seguinte Nova

Resolto o concurso do novo logotipo de Sober entre máis de 100 traballos

Últimas noticias sobre GALERÍA

     
A %d blogueros les gusta esto: