•A Confederación Hidrográfica instalará unha nova estación de control no tramo urbano de Chantada
A finais de xullo, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil comezou as obras de construción dunha nova estación do sistema automático de información hidrolóxica, no tramo urbano do río Asma en Chantada. A instalación dos equipos e a obra civil necesaria supoñen un investimento de case 37.300 euros.
Segundo a información remitida dende a Subdelegación do Goberno na provincia, esta actuación permitirá ofrecer datos en tempo real sobre o nivel de auga no cauce, así como a temperatura ambiente e a pluviosidade.
A estación está incluída na área de potención risco de inundación de Chantada, co fin de facilitar o control e a capacidade de reacción en periodos de chuvias abundantes que incrementen de forma considerable o caudal. •