Durante os meses de xullo e agosto, está aberta na capital provincial a exposición Medallística do Museo de Lugo. A mostra, que pode verse no Refectorio do Museo, acolle as medallas e condecoracións orixinais que mellor definen esta colección, composta por case 500 pezas. O percorrido pola historia da medallística dende o século XVIII ata a actualidade está acompañado por un conxunto de 13 paneis, con imaxes e textos divulgativos en torno á colección.
PROXECTO DE INVESTIGACIÓN
Segundo explicaron dende a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación, a exposición forma parte dun proxecto de investigación do departamento de arqueoloxía e historia, que busca dar a coñecer os fondos arqueolóxicos do Museo de Lugo en foros científicos e especializados en numismática.
VISITAS CON CITA PREVIA
A exposición, comisariada por Aurelia Balseiro, Enrique Alcorta e María Ofelia Carneiro, pode visitarse con cita previa. Tamén está dispoñible para a súa cesión gratuíta como mostra itinerante para os organismos e institucións que así o soliciten.•