Monforte e Sober, entre os 17 concellos galegos con axudas para rehabilitar vivendas

A zona do casco histórico e a súa contorna entran dentro do espazo ARI de Monforte. (Arquivo EC)

A Xunta vén de resolver as solicitudes presentadas por 17 concellos para optar aos fondos destinados ás áreas de rehabilitación integral (ARI), con case 2,7 millóns de euros. Entre os concellos beneficiados, Monforte de Lemos disporá de axudas para rehabilitar edificios, vivendas e espazos públicos no conxunto histórico e zonas de respecto do seu término municipal. Así mesmo, a totalidade do Concello de Sober, incluíndo as parroquias, contará con fondos desta partida autonómica.
As axudas por vivenda oscilan entre os 30.000 e os 2.000 euros, dependendo do tipo de intervención que se realice. As accións subvencionables van dende melloras da eficiencia enerxética ou da accesibilidade, ou para a construción dunha nova vivenda para substituír a outra previamente demolida. Tamén se financian obras para mellorar a calidade e a sostibilidade do medio urbano. Así mesmo, subvenciónanse os gastos de realoxo para o tempo que duren as obras.
A estes case 2,7 millóns de euros hai que engadir os 1,73 millóns que se destinan especificamente ás ARI da Ribeira Sacra, dos Camiños de Santiago e das Illas Atlánticas, xestionados polo Instituto Galego de Vivenda e Solo. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación acondiciona a estrada que une Canabal con Rosende e Arxemil en Sober

Seguinte Nova

Monforte completa a oferta deportiva do verán cos campus de baloncesto e voleibol, e o de fútbol do Celta

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss