As 170 PCR do primeiro control masivo de Sanidade no municipio non amosan ningún contaxio
Os datos do primeiro cribado que fixo Sanidade á veciñanza do Incio deu resultados esperanzadores. Os 170 veciños que se someteron ás PCR o pasado 1 de setembro deron negativos no test de covid. Así o anunciou nun comunicado de prensa ao día seguinte da realización das probas o alcalde do Incio, Héctor Corujo.
CORUJO: CHAMAMENTO Á PRUDENCIA DOS VECIÑOS E MENSAXE DE ÁNIMO AO PERSOAL DA RESIDENCIA
O rexedor popular agradeceu a colaboración de todos os veciños e veciñas que participaron no cribado. Corujo aproveitou para facer un “chamamento á prudencia”, e animou aos conveciños a “seguir coidándose e cumprindo coas normas que fixan as autoridades sanitarias”.
O alcalde enviou, en nome do Goberno local, “unha mensaxe de ánimo a todo o persoal” da residencia de O Incio, ao tempo que agradeceu “o seu encomiable traballo”.