A Pobra abre o prazo de matrícula na Escola Municipal de Música

Poden inscribirse residentes no Concello ou noutros municipios da contorna ata o 28 de setembro

A música e o baile tradicionais de Galicia centran boa parte da oferta formativa da Escola Municipal de Música Samoeiro, na Pobra do Brollón. (Arquivo EC).

Ata o 28 de setembro está aberto o prazo para matricularse na Escola Municipal de Música Samoeiro, na Pobra do Brollón. O centro ofrece este ano oito materias, con posibilidade de facer grupos de adultos e cativos, agás na materia de coro. Poden seguir a formación da Escola tanto veciños da Pobra como persoas doutros concellos que estean interesadas.

MATERIAS

A oferta formativa da Escola de Música Samoeiro inclúe acordeón, baile tradicional, coro e formación vocal; frauta de pico, traveseira, requinta e frautín; gaita; percusión tradicional; e piano. Ademais, para nenos e nenas de 5 a 12 anos, impártese a materia de iniciación musical, música e movemento e linguaxe musical.

O prezo anual de matrícula por unha materia é de 90 euros, e de 45 euros por cada materia adicional. Hai descontos especiais para membros dunha mesma familia. As taxas aboaranse só por domiciliación bancaria.

As inscricións faranse de xeito presencial na Biblioteca, situada na Casa da Cultura, de luns a venres de 11 a 13:30. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As melloras na traída de auga de Marrube e Vilasatán estarán listas en outubro

Seguinte Nova

Sober mantén o servizo Concilia durante este curso

Últimas noticias sobre AXENDA

Ir aInicio

Don't Miss