Lugo acolleu a celebración do primeiro congreso de turismo experiencial, para reflexionar sobre os novos retos do sector

A aposta pola calidade e a seguridade, lemas de acción para o turismo de Galicia

Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta, acompañou ao presidente da Deputación, José Tomé, e á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, na mesa de relatores na inauguración do Congreso de Turismo Experiencial, celebrado en setembro en Lugo.

O futuro do turismo en Galicia e na provincia de Lugo pasa por consolidar o seu prestixio de destino seguro, sustentable e de calidade. Esta foi unha das conclusións do primeiro Congreso de Turismo Experiencial, que tivo lugar na capital provincial a mediados de setembro. O evento, que combinou conferencias presenciais con actividades on line, reuniu nun mesmo foro a máis de 50 expertos e profesionais, e foi seguido no formato on line por máis de 1.000 persoas. Ademais dos relatorios dos especialistas, o congreso funcionou como un escaparate de experiencias, xa que os participantes previamente seleccionados puideron compartir as súas testemuñas profesionais da súa actividade no sector turístico da provincia.
O congreso pretende consolidarse como un referente para afondar no presente do sector e abordar o futuro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O programa de outono do Espazo Xove de Chantada combina actividades presenciais e on line, con Fotografía Dixital ou Cultura Musical e Discjockey, entre outras

Seguinte Nova

Formalizado o contrato da primeira fase para desdobrar o corredor de Sarria

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: