O programa de outono do Espazo Xove de Chantada combina actividades presenciais e on line, con Fotografía Dixital ou Cultura Musical e Discjockey, entre outras

O lecer creativo para os mozos e mozas de 10 a 30 anos arranca cunha nova tempada no Espazo Xove chantadino.
ADAPTACIÓN Á NOVA NORMALIDADE
A programación de outono conta con actividades presenciais, e outras a distancia, para poder cubrir así as necesidades impostas pola nova normalidade. Outra das novidades postpandemia está na organización e desenvolvemento das actividades presenciais, que contan con menos prazas por limitación de aforo, ademais de esixir uso obrigatorio de máscara, desinfección de mans e mantemento da distancia de seguridade.
CASE UNHA DECENA DE ACTIVIDADES PRESENCIAIS
Dentro da oferta do Espazo Xove para os meses de outono, destaca a actividade de Cultura Musical e Discjockey e o obradoiro de découpage como principais novidades. O plantel de eleccións para un lecer creativo complétase con actividades xa tradicionais no programa do Espazo Xove, como pintura ao óleo, teatro, obradoiro de cestaría e teares, debuxo artístico e enredad@s na rede. Para as persoas que queiran manterse en forma divertíndose, pode atopar nesta programación unha boa oportunidade, apuntándose a ximnasia musical e creativa.
OPCIÓNS PARA DESFRUTAR E APRENDER DENDE A CASA
Se alguén non quere desprazarse ao Espazo Xove e prefire realizar algunha actividade dende a súa casa, pode inscribirse en Fotografía Dixital ou en Debuxo Dende Cero, e seguilas a través dunha aplicación. Todas as actividades son gratuítas, e arrancarán o luns 5 de outubro. Para a consulta de horarios, está dispoñible o teléfono 982 870258 en horario de tarde.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Plataforma Salvemos o malecón promove a campaña “Pon o malecón no teu balcón” para frear o proxecto municipal da nova ponte

Seguinte Nova

Lugo acolleu a celebración do primeiro congreso de turismo experiencial, para reflexionar sobre os novos retos do sector

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: