O programa de igualdade Lentes Lilas protexerá ás mulleres maiores de posibles abusos
A loita contra a violencia d xénero en calquera das súas formas segue a ser un dos obxectivos do pro- grama social do Concello de Sober.
CHANTAXES, ABANDONO OU NEGLIXENCIA CONTRA AS MULLERES
Desta volta, o Consistorio pon a atención nas mulle- res maiores, que pola súa idade teñen un grao maior de dependencia, o que as volve máis susceptibles de sufrir situacións de abandono, chantaxe, coerción ou calquer outra conduta que supoña un abuso.
FORMACIÓN A TRAVÉS DE CATRO CHARLAS DENDE SETEMBRO
O programa que ten en marcha o Concello de So- ber ofrece, baixo o nome de Lentes Lilas, varios re- cursos ás auxiliares do Servizo de Axuda a Domicilio, co fin de que poidan detectar situacións de abuso contra as mulleres maiores, sobre todo no ámbito rural. Esta programación impulsada polo Concello des- envólvese a través dunha serie de catro
charlas, que arrancaron o 22 de setembro no salón de actos municipal, da man da educadora social Selene Arias.
SENSIBILIZACIÓN PARA O CONXUNTO DA VECIÑANZA
Con este programa, o Concello busca sensibilizar ás profesionais deste servizo sobre esta problemática, ademais de xerar redes de apoio social e iniciativas de autoaxuda, co fin de incrementar a seguridade nos fogares aos que visitan. Dende o Concello insistiron en que este programa vai máis aló de dar formación ás traballadoras de Axuda a Domicilio, xa que busca concienciar ao conxunto da veciñanza, na busca dunha cidadanía máis res- ponsable e tolerante.