Formalizado o contrato da primeira fase para desdobrar o corredor de Sarria

O proxecto, no que a Xunta inviste 24,6 millóns de euros, afecta ao tramo de 11,5 quilómetros entre A Pobra de San Xiao e Sarria centro

A conversión do corredor de Sarria en autovía vén de gañar un novo chanzo. A mediados de setembro, a Xunta formalizou o contrato de execución das obras da primeira fase do desdobramento deste vial, cun investimento de 24,6 millóns de euros. Os traballos foron adxudicados á unión temporal de empresas Ovisa-Covsa-Grupo Bascuas 2008 SL-Construcciones Isidro Otero SL. Segundo informaron dende a Xunta, os traballos iniciaranse en breve, co fin de quedar rematados nun prazo de 24 meses.
INCREMENTO DO TRÁFICO NUN 4,5%, FRONTE AO 0,5% DO RESTO DA REDE AUTONÓMICA

A primeira fase do desdobramento da vía de altas prestacións centrarase nun treito de 11,5 quilómetros entre A Pobra de San Xiao e Sarria centro. Dende a Xunta destacaron o incremento do tráfico que se está a rexistrar neste tramo, que en 2028 medrou nun 4,5%, fronte ao 0,5% do conxunto da rede autonómica de estradas. Estas cifras supoñen que dende A Pobra de San Xiao ata Sarria centro circulan preto de 7.450 vehículos cada día, o que xustifica o inicio dos traballos neste tramo.

OROGRAFÍA COMPLICADA QUE REDUCE AS POSIBILIDADES DE ADELANTAR
A este aumento dos usuarios hai que engadir a especial orografía pola que discorre este tramo do corredor, con pendentes pronunciadas que reducen a velocidade dos vehículos, coa conseguinte diminución das posibilidades de adelantar.

DÚAS CALZADAS CON DOUS CARRÍS POR SENTIDO DE CIRCULACIÓN
Dende a Xunta explicaron as principais accións do proxecto de desdobramento do corredor para convertelo en autovía. Pola marxe esquerda en sentido A Pobra de San Xiao vaise construír unha nova calzada, paralela á existente. O resultado suporá pasar dunha única calzada con dous carrís a dúas con dous carrís por sentido.
VALLA PARA REDUCIR ACCIDENTES POLA PRESENZA DE XABARÍS
Esta modificación afectará tamén aos enlaces, que serán adaptados á nova disposición do vial, e tamén aos pasos inferiores. Así mesmo, vanse repoñer os camiños de servizo que se vexan afectados por esta intervención. O proxecto inclúe a instalación dunha valla reforzada a ambos lados da estrada, para reducir o risco de accidentes pola presenza do xabarín.
LÍMITE DE CIRCULACIÓN COMO AUTOVÍA
Unha vez rematada, a ampliación permitirá unha circulación máis rápida, segura e cómoda, cunha velocidade máxima de 120 quilómetros por hora.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Lugo acolleu a celebración do primeiro congreso de turismo experiencial, para reflexionar sobre os novos retos do sector

Seguinte Nova

A XUNTA DEFENDEU EN OURENSE O TERMALISMO COMO CLAVE PARA O TURISMO GALEGO

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: