A Vicepresidencia da Deputación colaborará na ampliación do Museo do Pobo Galego

A colaboración sumaríase aos 15.000 euros anuais que o organismo provincial achega anualmente para esta entidade

Reunión de Maite Ferreiro co presidente do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi; o director, Manuel Vila; e o tesoureiro da entidade, Lino Lema, a mediados de setembro.

O proxecto de ampliación do Museo do Pobo Galego contará coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Este departamento, dependente da Vicepresidencia do organismo provincial, contribuirá a financiar os traballos de creación de novos espazos expositivos, e á prestación de novos servizos por parte do Museo para o Xacobeo 2021.
«O estudo e promoción da cultura e da historia de Galiza debe implicar a todas as institucións de Galiza, cada unha dentro das súas posibilidades orzamentarias», explicou Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación. A nacionalista gabou a intención dos responsables do Museo «de afondar na proxección do centro en toda Galiza», pois «é fundamental que o seu inxente labor chegue a todo o territorio».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Máis traballos de rehabilitación para dar pulo á riqueza cultural da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O PLENO DE SOBER ESIXE AO GOBERNO CENTRAL QUE RESTABLEZA OS SERVIZOS FERROVIARIOS NO SUR DE LUGO

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss