Comeza o ciclo de exposicións do Outono Fotográfico de Chantada

O Espazo Xove de Chantada inicia un novo ciclo de mostras, dentro da súa tradicional cita co Outono Fotográfico.

ABRE O CICLO A MOSTRA «HORIZONTES», DE BRUNO TABOADA
Do 24 de setembro ata o 16 de outubro, a sala de exposicións da Casa da Xuventude chantadina amosa «Horizontes», unha proposta fotográfica asinada por Bruno Taboada González.
PANDEMIA GRÁFICA
A segunda cita coa creación fotográfica virá da man de Ángel Luis Utrera Baza, que ofrecerá en Chantada a súa exposición titulada «Pandemia», dende o 22 de outubro ata o 28 de novembro.

COLECTIVO OS POTIÑOS
O Outono Fotográfico rematará coa mostra colectiva «Descrenza», con obras da Asociación Fotográfica Os Potiños. Será do 23 de novembro ata o 18 de decembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Biblioteca Municipal de Sarria recupera o horario habitual do curso

Seguinte Nova

MOZOS VOLUNTARIOS REALIZARON TAREFAS DE LIMPEZA EN ESPAZOS NATURAIS DE SOBER

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss