Completadas as obras para mellorar a seguridade viaria preto do Camiño Francés en Portomarín

Son medidas que garanten o tránsito peonil e reforzan a integración da ruta xacobea coa rede de estradas

A integración do Camiño Francés no trazado de estradas de Galicia conta cunha nova actuación xa rematada. En Portomarín, a Xunta vén de completar os traballos para mellorar a seguridade peonil na estrada LU-633 á saída da ruta xacobea.

CASE 50.000 EUROS DE INVESTIMENTO PARA ESTE TRAMO
O proxecto contemplou a mellora das beirarrúas e a instalación dunha nova varanda de seguridade no treito que vai de Pedrafita ao Alto de Hospital, cun investimento de arredor dos 50.000 euros.
Ademais de arranxar a beirarrúa e prolongala por todo o treito dende o punto quilométrico 73,120 ata o 73,360, colocouse unha varanda modular urbana, construída en aceiro inoxidable, con pasamáns e un metro e cinco centímetros de altura. A finalidade do proxecto é, segundo responsables autonómicos, incrementar a seguridade peonil e tamén a do tráfico rodado neste punto de confluencia entre vehículos e peóns.

EN EXECUCIÓN UNHA SENDA PEONIL E CICLISTA NESTE MESMO VIAL
Na Xunta tamén destacaron que este proxecto está integrado noutro de maior entidade, que conlevará a construción dun itinerario peonil e ciclista dende a baixada do Camiño de Santiago, xusto diante do albergue situado ao pé da LU-633, e ata a entrada da ponte de acceso á vila de Portomarín.
Dende a Xunta salientaron que a obra xa está en fase de execución, cun investimento que ronda os 285.000 euros, cofinanciados con Fondos Feder 2014/2020.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A innovación, a economía circular e o desenvolvemento sostible, premiados no concurso da Asociación Semente de Monforte

Seguinte Nova

Deputación e Abanca renovan o convenio para facilitar a xestión tributaria en 64 concellos

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: