Dende finais de setembro e ata mediados de outubro, está aberta en Lugo una nova edición do Salón Internacional do Cabalo de Galicia Equigal. O evento arrancou o venres 25 de setembro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, combinando demostracións e concursos de numerosos exemplares.
Durante a última fin de semana de setembro, o Salón Equigal acolleu o concurso morfolóxico de pura raza española. Ademais, na xornada do domingo 27 celebrouse unha actividade similar, centrada desta volta na pura raza galega, para continuar cunha exhibición de doma clásica.
As actividades continuarán na fin de semana do 3 e 4 de outubro, o concurso terá como protagonistas aos exemplares de pura raza árabe. O domingo día 4, terá lugar unha proba de enganches.
O Salón Equigal continuará do 9 ao 12 de outubro. Os dous primeiros días estarán ocupados polo concurso nacional de salto de obstáculos, e a última xornada terá lugar o Campionato Galego de Raid.•
Últimas noticias sobre DEPORTES
O Club Quixós brillou no Campionato Galego de Slalom Olímpico e Kayak Cross. Noa Díaz, Sara
Necesitaba reforzos o Club Lemos, como resultaba evidente logo do irregular inicio ligueiro. E a fichaxe
Monforte acolleu o pasado domingo 15 de setembro a III Carreira e Andaina “Monforte en Marcha
A SD Sarriana comezou a tempada de Terceira RFEF cunha vitoria destacada ao impoñerse por 0-1
Moi mala sensación deixou á maltreita afección lemista o equipo de Juanlu Bernal despois do partido