MOZOS VOLUNTARIOS REALIZARON TAREFAS DE LIMPEZA EN ESPAZOS NATURAIS DE SOBER

O grupo de voluntarios do proxecto europeo Life durante a súa estadía en Sober, xunto ao alcalde, Luis Fernández Guitián, o 19 de setembro

Os programas de voluntariado medioambiental fixeron parada na Ribeira Sacra. En concreto, foi Sober o municipio que acolleu algunhas das accións que un grupo de mozos e mozas desenvolveron dentro da iniciativa europea para a mocidade Life Evergreen with Volunteer (Lewo), desenvolvido no marco do programa LIFE 2016 da Comisión Europea.

LIMPEZA NA RUTA DOS MUÍÑOS DO XÁBREGA
A actividade, que se desenvolveu a mediados do mes de setembro, supuxo a realización de labores de limpeza e recollida de lixo na Ruta dos Muíños de Xábrega, así como de varios sendeiros nos viñedos da contorna.
O programa tamén permitiu que os mozos e mozas coñeceran os recursos turísticos do municipio, para o que se organizou unha visita aos miradoiros do Canón do Sil, e á olería de Gundivós, co fin de amosar aos voluntarios os segredos desta técnica tradicional.

PROTOCOLO SANITARIO PARA EVITAR CONTAXIOS
Para a realización de actividade, os participantes seguiron en todo momento o protocolo sanitario, con uso obrigatorio de máscara, e distribución en grupos dun máximo de 12 persoas, entre voluntarios e monitores.
Nas mesmas datas, o proxecto Lewo tamén se desenvolveu na Illa de Sálvora, onde mozos voluntarios realizaron accións enfocadas á eliminación de especies invasoras e á limpeza da contorna.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comeza o ciclo de exposicións do Outono Fotográfico de Chantada

Seguinte Nova

O CONCELLO DO SAVIÑAO RENOVARÁ O MIRADOIRO DO CABO DO MUNDO

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: