O Concello de Monforte leva concedidos máis de 7.800 bonos do Plan de Apoio ás familias e aos sectores económicos locais

Desta volta, foron 2.854 bonos, correspondentes ás solicitudes realizadas a comezos de xullo •Na primeira quenda, entregáronse 5.000 bonos

O alcalde de Monforte, José Tomé, na presentación dos primeiros 5.000 bonos do Plan de Apoio ás Familias e aos Sectores Económicos locais, o pasado 16 de setembro.

Ao longo do mes de setembro, o Concello de Monforte formalizou a entrega dos primeiros bonos correspondentes ao Plan de Apoio ás Familias e aos Sectores Económicos da cidade. Esta medida, posta en marcha en xuño polo Consistorio monfortino, trata de dar osíxeno ao comercio, empresas e particulares de Monforte tras o grave impacto económico da pandemia.
AÍNDA HAI 1.436 SOLICITUDES EN FASE DE REVISIÓN
A finais de setembro, o Concello tiña entregados un total de 7.854 bonos, por un importe global de 196.350 euros, que beneficiarán a 3.089 familias. Ao longo destes días, seguiranse revisando as restantes 1.436 solicitudes, para proceder á súa resolución e información aos beneficiarios.
ATA O 30 DE NOVEMBRO PARA SOLICITAR O REINTEGRO
Tomé lembrou que estes bonos nominais, por importe de 25 euros, «xa se poden utilizar nos establecementos e entidades de calquer sector económico, coa condición obrigatoria de que estean ubicados no Concello de Monforte». Os establecementos nos que se realicen as compras con cargo a estes bonos, terán de prazo ata o 30 de novembro de 2020 para solicitar o reintegro. Para o cobro, é necesario presentar o bono orixinal e o formulario oficial de solicitude que está na web municipal.

COMO RECOLLER E EMPREGAR OS BONOS
•O listado cos beneficiarios de cada quenda pode consultarse no apartado correspondente ao Plan de Apoio na web do Concello de Monforte, e nos taboleiros da Casa do Concello, Casa da Cultura e Multiusos.
•O punto de recollida dos bonos é o Edificio Multiusos, de luns a venres, entre as 08:30 e as 14:30 horas.
•É imprescindible presentar o DNI para recoller os bonos. Se o titular non pode ir, a persoa que os recolla no seu nome deberá presentar unha autorización asinada, segundo o modelo que está colgado na web municipal.
•O periodo para comprar cos bonos remata o 13 de novembro de 2020. Se fose necesario ampliar o prazo, o Concello comunicará o anuncio con antelación.
•Os bonos non inclúen o consumo de bebidas alcohólicas non alimentarias.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os veciños do Incio amosan o seu apoio a usuarios e traballadores da residencia

Seguinte Nova

A evolución da cifra dos novos contaxios en Galicia parece confirmar a chegada da temida segunda ola

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss