O organismo provincial licitou este mes unha obra que suporá o arranxo de máis de dous quilómetros
O plan de acondicionamento da rede de estradas provinciais segue en marcha, desta volta cunha nova actuación na zona sur. A comezos de outubro, a Xunta de Goberno da Deputación aprobou a licitación da obra de mellora da LU-P-4102, por un importe de 145.000 euros. Segundo precisou o mandatario provincial, José Tomé, os traballos na estrada que une Ferreira de Pantón con Escairón inclúen o arranxo do firme con aglomerado en quente, desbroce de cunetas e instalación de novos sinais.
A obra nesta «estrada fundamental» que une dúas capitalidades municipais conta cun prazo de execución de seis meses.•