
A segunda licitación das obras de construción do centro de maiores da Pobra do Brollón saiu adiante por un importe de 1.750.000 euros. Segundo explicou a voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, a Deputación veuse na obriga de volver a licitar esta obra porque o anterior contrato tivo que resolverse «por cuestións alleas á institución». Unha vez adxudicada, a obra deberá estar executada no prazo dun ano.•